miércoles, 26 de noviembre de 2008

XORNADA 1 (SÁBADO 29 DE NOVEMBRO DE 2008)

No pabellón Xelmirez II de Santiago.

Encontros:

16:00 horas FC TIBET - ARINS FS

17:00 horas VELERO JUNIOR - C.D. BRANDIA FS

18:00 horas CASTROSUA FS - RECAMBIOS ARTURO

19:00 horas CAFE BAR DE ANA - NEWROZ DONER

Para quen non sepa onde esta ubicado o pabellón, indicamos a continuación a súa posición.

domingo, 23 de noviembre de 2008

Xogadores en plantilla

O FC Tibet, pese a ser un equipo modesto e sen recursos económicos ten unha plantilla moi amplia (11 xogadores).

Actualmente conforman a plantilla:

- Ruben Pablo Vieites Barreiro (Porteiro)
- Pablo Vidal Ríos
- Manuel Del Río Queiro
- Ruben Darío Soneira Suarez
- Manuel Iglesias Vieites
- Juan Santiago Fernández
- Manuel Ramón García Barreiro
- Juan Luis Vázquez Rodríguez
- Daniel Vázquez Rodríguez
- Ruben Villar Iglesias
- Aleixandre Santos Villaverde


Houbo xente que marchou do equipo por diversas circunstancias e non nos queremos olvidar deles. Desde aqui mandamoslle un saudo e desexamoslle toda a sorte do mundo nos seus novos clubes, e como xa saben, as portas do FC Tibet, sempre estarán abertas para eles.

Historia do Equipo.

O FC Tibet nace o 31 de Outubro de 2006 despois de que un grupo de amigos quixeramos formar un equipo para participar nunha liga e poder xogar os fines de semana pasando un bo rato. A reunión para formar a directiva e cubrir estatutos celebrouse no pub Tibet (que era o noso patrocinador xunto con "Mosquera, Técnica de Aguas", moi agradecidos a ambos pola súa xenerosidade) comezou as 23:03:37 e rematou á 1:07:36.

Froito desta reunión, saiu a seguinte directiva:

Presidente: Ruben Darío Soneira Suarez
Vicepresidente: Manuel Del Rio Queiro
Secretario: Pablo Vidal Ríos
Tesoureiro: Jose Ramón Caamaño Romero
Vogal: Aleixandre Santos Villaverde


O noso clube, foi dado de alta no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galiza o 29 de Novembro de 2006.

O FC Tibet, leva dúas participacións na Liga Federada de Futbol Sala de Santiago. Esta será a nosa terceira participación e agardamos ter bos resultados.

Foto temporada 2006-2007



Foto temporada 2007-2008

Benvid@s!!

Ola, dende o FC Tibet queremos darche a benvida ao noso espazo na rede. Aqui publicaremos semanalmente os resultados, clasificacións e anecdotas que nos van sucedendo na Liga Federada de Futbol Sala de Santiago.

Sen mais e agradecendo a túa visita, recibe un cordial saudo.