O FC Tibet nace o 31 de Outubro de 2006 despois de que un grupo de amigos quixeramos formar un equipo para participar nunha liga e poder xogar os fines de semana pasando un bo rato. A reunión para formar a directiva e cubrir estatutos celebrouse no pub Tibet (que era o noso patrocinador xunto con "Mosquera, Técnica de Aguas", moi agradecidos a ambos pola súa xenerosidade) comezou as 23:03:37 e rematou á 1:07:36.
Froito desta reunión, saiu a seguinte directiva:
Presidente: Ruben Darío Soneira Suarez
Vicepresidente: Manuel Del Rio Queiro
Secretario: Pablo Vidal Ríos
Tesoureiro: Jose Ramón Caamaño Romero
Vogal: Aleixandre Santos Villaverde
O noso clube, foi dado de alta no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galiza o 29 de Novembro de 2006.
O FC Tibet, leva dúas participacións na Liga Federada de Futbol Sala de Santiago. Esta será a nosa terceira participación e agardamos ter bos resultados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario